Resumo dos partidos de baloncesto (9 e 10 de novembro)

CADETE MASCULINO 74-58

Saída ao pavillón de Canide esta fin de semana con victoria por parte dos máis maiores. Un novo partido onde os de Marce Regueiro demostraron que seguen coa boa tónica que levan dende principio da tempada. Esta victoria permitenos afrontar as demais xornadas con máis confianza. A nota negativa foi a lesión do noso xogador, Álvaro Paz, que terá que gardar reposo antes de voltar a xogar.

INFANTIL FEMENINO 28-78

Derrota das mozas diante dun sólido Compañía de María que demostrou moito máis carácter en todalas facetas. A excesiva confianza no rebote condenounos todo o partido, o que souberon aproveitar realmente ben as visitantes. Aínda con todo, as nosas xogadores amosan bo xeito e estamos seguros que mellorarán semana a semana.

INFANTIL MASCULINO 35 - 56

Paso adiante con respecto a fin de semana pasada. Os infantís van adaptándose cada vez mellor a nova superficie de pista grande. Maristas empezou moi ben, o que lles permitiu afianzar o partido dedde o primeiro cuarto, no que levaban un parcial de 3-17. Os tres cuartos restantes foron parellos, onde en ocasións Dominicos estivo por diante. A seguir!

ALEVIN MASCULINO 52 - 93

Partido con moitísimos puntos, sobre todo por parte do equipo visitante. Compañía de María impúxose de principio a fin nun partido onde eles foron superiores en todo momento, dominando as transicións e a boa defensa. Este foi o primeiro partido dos alevines, que deixaron unhas boas sensacións ante un contrincante moi sólido.

ALEVIN FEMENINO 51 - 0

Victoria das alevines ante Montespiño. O equipo visitante iniciouse este ano na categoría, polo que o encontro foi moi desigual, como é lóxico. Partido que serviu ao adestrador Cristian Costa para probar variantes de cara a próximas xornadas. Moita sorte a Montespiño durante a tempada!

BENXAMIN U9 3 - 53

Ao igual ca seu irmán menor, outra derrota abultada no lado do U9. Santo Domingo de Betanzos esixiu unha defensa presionante a toda pista durante todo o partido, deixando sen ningún tipo de opción aos nosos. Resultado lóxico se temos en conta a gran diferencia de idade. Tentarémolo de novo na seguinte xornada.

BENXAMIN U8 0 - 50

Victoria por parte de Rosales U10 contra os máis pequenos. Derrota natural se temos en conta os dous anos de diferencia existentes entre ambos equipos. Existe mellora entre este partido e o de fai dúas semanas, así que o trabajo está dando os seus froitos. Pouco a pouco, sairán mellor as cousas.

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña