A sección de baloncesto do C.A.A. Dominicos está en constante evolución e expansión. Os adestramentos lévanse a a cabo dous días á semana e na actualidade hai 6 equipos federados que disputan os seus partidos tanto na pista de Minibasket como en pista completa, dependendo da súa edade. Compre destacar tamén a amplia presencia de nenas nesta sección, o que permitiu inscrir equipos alevíns e infantís tanto masculino como femenino. Pódese atopar información sobre os calendarios, resultados, clasificacións e horarios dos partidos na seguinte ligazón:

www.fegaba.com/a-xornada

 

 

Cadete

Infantil

Alevín

Benxamín

Babybasket

 

COLABORADORES