Resumo dos partidos de baloncesto (17 a 19 de maio)

CADETE MASCULINO

Santo Domingo de Betanzos 82 - 50 Dominicos

Bo comezo dos nodos, moi conectados en todo momento cunha boa defensa sobre Santo Domingo de Betanzos. Os problemas chegaron tralo segundo carto, xa que salvo a anotación de Álvaro Paz, o conxunto local aproveitou a escasez de puntos para remontar o partido. O terceiro carto decidiu a contienda, cando Dominicos fixo augas en defensa, esquecendo as axudas por completo. Finalmente, o derradeiro carto, a pesares da mellora, foi insuficiente para soñar coa remontada.

INFANTIL MASCULINO

Xiria 71 - 50 Dominicos

Partido con bastantes baixas, onde o físico fixo mella, xa que solo asistiron sete xogadores á xornada disputada en Carballo. O terceiro carto parecía esperanzador para os nosos, cando a remontada parecía posible. A partires de ahí, o desgaste beneficiou a Xiria, que completou un gran partido. Aínda con todo, Dominicos depende de si mesmo para ser lider de grupo nas próximas xornadas.

ALEVIN MASCULINO

Compañía de María 97 - Dominicos 70

Partido importante para as aspiracións do conxunto de Paco Fuentes, onde se enfrentaban primeiro contra segundo. Compañía de María estivo excelso nas súas transicións, as cales foron executadas de xeito efectivo e rápido. Os nosos, por outra banda, viron como o conxunto local supo parar nosos contraataques, a pesares de anotar 70 puntos. Partido loco con moitas pérdidas que combinadas cun alto porcentaxe de Compañía, proporcionoulles a victoria. Seguro que o alevín volverá a gañar como tantas veces fixo este equipo.
 
BENXAMIN FEMENINO

Peleteiro 68 - Dominicos 32
Culleredo 58 - Dominicos 8

Dobre jornada para as preminis. Partidos difíciles para o equipo de Cristian Costa, que seguirá loitando a próxima fin de semana na Fase de Ascenso. Todo un orgullo para o clube que un dos nosos equipos femeninos esté na loita con equipos de tanto renombre na Coruña e Santiago de Compostela. Todo un aprendizaxe do que sairán reforzadas de cara ao próximo ano, cando se convertirán en xogadoras alevíns.

BENXAMIN MASCULINO

Dominicos 24 - Xiria 65

Partido complicado por parte dos máis pequenos do clube. O equipo contrario foi bastante superior, pero debemos destacar a intensidade e esforzo dos nosos. A pesares da escasez de nenos, o equipo deixouse todo na pista dende o principio ata o final. Destacamos en ataque o xogo en equipo, e a confianza que están a coller pouco a pouco moitos dos xogadores na pista, importante para que todos poidan aportar. Laura segue traballando de cara ao próximo ano, cando seguro obtenrán máis recompensa.

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña