Resumo da semifinal de Copa Primavera Infantil Masculino

O derradeiro partido da sección de baloncesto nesta tempada 2018/2019 foi a semifinal da Copa Primavera do noso infantil masculino. Un partido que rematou con derrota 97-53 ante o Santo Domingo de Betanzos, que era o gran favorito tendo en conta os resultados previos e que xogaban como locais. Ao descanso do encontro Dominicos chegou cun resultado moi igualado, pero os betanceiros impuxeron o seu xogo e o seu despliegue físico, polo que se foron na segunda parte a máis de corenta puntos, facéndose fortes na pintura e na línea de tiros libres.

En calquera caso, chegar ata a semifinal para os nosos é todo un orgullo e digno de felicitación.  Pouco a pouco, o esforzo diario vaise impoñendo. A progresión foi clara durante a tempada, pois o infantil fai seis meses estaba moito máis lonxe en canto a marcador co rival desta fin de semana.

Gracias a todos, e ata a próxima tempada.

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña