Previo dos sectores xuvenil e alevín e outros partidos da xornada de hockey sobre patíns

Tras o descanso das vacacións chega outra xornada de emocións fortes. Por un lado teremos un novo partido de OK Liga Bronce, onde o noso primeiro equipo recibirá ao Iruña de Pamplona. Será o penúltimo partido da liga na casa así que necesitamos todo o apoio posible para acercarnos aínda máis ao ascenso. O partido será o sábado as 18:30 no Agra I.

Ademais, esta fin de semana xúntanse os dous sectores onde temos equipos implicados. Os xuvenís, tras a súa gran actuación na Final a 4, desplazaranse a Oviedo para xogar en formato de todos contra todos ante o Compañía de María A, o C.H. Compostela A, o Oviedo Roller H.C. e os dous equipos do Oviedo Booling. Será unha empresa moi difícil a de clasificarse para o Campionato de España pero de seguro que os nosos rapaces o intentarán ata o último suspiro. Os resultados poderán seguirse dende www.fpasturias.es/website/?page_id=16&seccion=calendario&grupo=&id_comp=160&id_temp=6&id_modal=1

O mesmo tempo o noso Alevín A, campión galego da categoría, xogarase o pase ao Campionato de España en Cambre. Nesta categoría modificouse o formato, quedando divididos os equipos en dous grupos nos que os dous primeiros xogarán unha semifinal que decidirá a clasificación. O noso equipo compartirá grupo co H.C. Liceo, o C.P. Areces e o A.C. Ordenes. Informaremos dos horarios polas redes sociais para que vos podades acercar a Cambre a animar os nosos. Os resultados poderanse seguir online na web da Federación Galega de Patinaxe (www.hockeypatines.fgpatinaxe.gal/)

Por último, deixamos os horarios do resto dos partidos dos máis pequenos da sección:

Modalidade / Competición Data Hora Local Visitante Pista
LIGA BENXAMIN 2 DIVISION AUTONOMICA
27/04/2019 16:30 CH COMPOSTELA B CLUB AA DOMINICOS B SANTIAGO-VITE
LIGA PREBENXAMIN 2ª DIVISION AUTONOMIVA
27/04/2019 17:30 CH COMPOSTELA CLUB AA DOMINICOS C SANTIAGO-VITE
MICRO NORTE GRUPO 2 AUTONOMICO
28/04/2019 10:00 COLEGIO LICEO D CLUB AA DOMINICOS C COLEXIO LICEO
MICRO NORTE GRUPO 2 AUTONOMICO
28/04/2019 10:30 CLUB AA DOMINICOS C CLUB CIA MARIA A COLEXIO DOMINICOS
MICRO NORTE GRUPO 1 AUTONOMICO
28/04/2019 11:30 CLUB AA DOMINICOS B CLUB CIA MARIA B COLEXIO DOMINICOS
MICRO NORTE GRUPO 2 AUTONOMICO
28/04/2019 12:30 CLUB AA DOMINICOS A HC RIAZOR B  
LIGA PREBENXAMIN 1ª DIVISION AUTONOMICA
28/04/2019 13:00 CLUB CIA MARIA B CLUB AA DOMINICOS B COMPAÑÍA MARIA

 

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña