Previo da final a catro Junior e outros partidos do fin de semana na sección de hockey sobre patíns

Chegou o momento da verdade para os mellores equipos galegos de cada categoría, onde se xogarán os títulos a todo ou nada nun fin de semana. Este fin de semana o pabellón de Monte Alto acollerá as finais a catro Infantil e Junior. O clube participará nesta derradeira categoría tras clasificarse en terceira posición da liga regular. Os nosos rivais serán H.C. Liceo (sábado 20:30), Compañía de María (domingo 12:00) e H.C. Compostela (domingo 19:00). O primeiro obxectivo dos nosos junior será conseguir unha das tres primeiras prazas que dan acceso á fase de sector e lles permitiría seguir vivos na loita por clasificarse ao Campeonato de España. Ademais, o primeiro clasificado nesta final a catro se proclamará automáticamente campeón galego.

Dende o clube desexamos toda a sorte do mundo ao noso equipo Junior e facemos un chamamento a todos os siareiros/padres/xogadores do clube para que se acheguen a Monte Alto a animar. Vai ser unha competición moi dura e toda axuda é pouca.

Non nos esquecemos que tamén teñen partido de liga os nosos prebenxamines e benxamines. A continuación  deixamos os horarios de todos os partidos:

Modalidade / Competición Data Hora Local Visitante Pista
LIGA PREBENXAMIN 2ª DIVISION AUTONOMICA
24/03/2018 12:00 CLUB CIA MARIA C CLUB AA DOMINICOS B COMPAÑÍA MARIA
LIGA PREBENXAMIN 2ª DIVISION AUTONOMICA
24/03/2018 12:00 CLUB AA DOMINICOS C CLUB CIA MARIA FERROL COLEXIO DOMINICOS
LIGA BENXAMIN 1ª DIVISION AUTONOMICA
24/03/2018 13:00 CLUB AA DOMINICOS B ESCOLA LUBIANS COLEXIO DOMINICOS
LIGA BENXAMIN 1ª DIVISION AUTONOMICA
24/03/2018 16:30 CLUB AA DOMINICOS A CH COMPOSTELA A COLEXIO DOMINICOS
FINAL A 4 - JUNIOR
24/03/2018 20:30 HC LICEO CLUB AA DOMINICOS MONTE ALTO
FINAL A 4 - JUNIOR
25/03/2018 12:00 CLUB CIA MARIA CLUB AA DOMINICOS MONTE ALTO
FINAL A 4 - JUNIOR
25/03/2018 19:00 CLUB AA DOMINICOS CH COMPOSTELA MONTE ALTO

 

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña