Previo das finais a catro alevín e xuvenil e outros partidos de hockey sobre patíns do fin de semana

Comeza o mellor momento da tempada para moitas das categorías base de hockey sobre patíns. Esta fin de semana será o momento no que os nosos equipos Alevín A e Xuvenil disputen as finais a catro das súas categorías, onde se decidirá o Campeón Galego. Este ano modificarase o formato destas finais, disputándose en modo de semifinais e final. No caso do Xuvenil, o terceiro posto tamén ten o premio do pase ao Sector Norte que da acceso ao Campeonato de españa (na categoría Alevín os catro equipos xa están directamente clasificados).

Tódolos partidos das dúas categorías disputaranse no Pavillón Os Campóns de Cambre. A nosa participación comezará o sábado as 11:30 co equipo Xuvenil, que rematou a liga regular en terceira posición, xogando a semifinal ante o potente C.H. Compostela A (segundo na liga regular). A continuación (arredor da 13:00) será o turno do Alevín A. Os nosos rapaces lograron o primeiro posto da liga regular tras vencer en tódolos partidos, e queren manter o seu bo xogo ante o A.C. Ordes, cuarto clasificado. Para o domingo pola tarde queda a loita polas medallas e polo título. Iremos informando vía redes sociais dos resultados e de cando xogan os nosos equipos. Para aqueles que non poidades asistir os partidos emitiranse vía web polo canal de youtube de GaliciaNHockey.

Non nos esquecemos de que tamén teñen partido de liga outros equipos. Entre eles destaca o desprazamento do primeiro equipo a Asturias, os encontros dos nosos micro, ou o partido do noso Prebenxamín A entre os dous primeiros clasificados. A continuación deixamos os horarios de todos os partidos:

Modalidade / Competición Data Hora Local Visitante Pista
LIGA PREBENXAMIN 1ª DIVISION AUTONOMICA
06/04/2019 11:00 CLUB AA DOMINICOS B CLUB CIA MARIA A COLEGIO DOMINICOS
FINAL A 4 XUVENIL
06/04/2019 11:30 CH COMPOSTELA A CLUB AA DOMINICOS OS CAMPONS -CAMBRE
LIGA BENXAMIN 2 DIVISION AUTONOMICA
06/04/2019 12:00 CLUB AA DOMINICOS C CLUB CIA MARIA B COLEGIO DOMINICOS
FINAL A 4 ALEVIN
06/04/2019 13:00 CLUB AA DOMINICOS A AC ORDENES OS CAMPONS -CAMBRE
MICRO NORTE GRUPO 1 AUTONOMICO
06/04/2019 19:00 CLUB AA DOMINICOS B HC AS PONTES COLEGIO DOMINICOS
OK Liga Bronce 06/04/2019 20:30 ASTURHOCKEY C.A.A. DOMINICOS POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE GRADO
MICRO NORTE GRUPO 1 AUTONOMICO
07/04/2019 10:00 CLUB AA DOMINICOS B CH OLEIROS A COLEGIO DOMINICOS
MICRO NORTE GRUPO 2 AUTONOMICO
07/04/2019 11:00 CLUB AA DOMINICOS A CH OLEIROS B COLEGIO DOMINICOS
LIGA PREBENXAMIN 1ª DIVISION AUTONOMICA
07/04/2019 11:00 CLUB CIA MARIA A CLUB AA DOMINICOS A COMPAÑÍA MARIA
LIGA JUNIOR AUTONOMICA
07/04/2019 13:00 HC LICEO CLUB AA DOMINICOS COLEGIO LICEO

 

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña