Previo das Finais a 4 Junior e Infantil e outros partidos da xornada de hockey sobre patíns

Tras o éxito dos equipos do noso clube nas Finais a 4 alevín e xuvenil da pasada semana, este próximo sábado é o turno do equipo Junior e o Infantil A. Xogarán no pavillón de Vite (Santiago de Compostela) de novo en formato de eliminatorias. As semifinais serán o sábado pola mañá, quedando para o domingo pola tarde as finais polo título e os partidos polo terceiro e cuarto posto (que traen o premio da clasificación para o sector do que remate como terceiro clasificado na liga).

O primeiro en xogar será o Junior, que rematou terceiro na liga regular e enfrontarase ao A.C. Ordenes as 10:30. Xusto a continuación (12:00) será o turno do Infantil A, primeiro clasificado da liga regular que xogará fronte ao equipo local do H.C. Raxoi. Estas son dúas categorías con equipos moi aparellados así que espérase que todos os partidos sexán moi disputados. Polo visto nas ligas regulares pode pasar de todo.

Tamén na mesma finde semana o primeiro equipo comezará a segunda volta en Carballo ante o Escola Lubiáns, nun partido onde os nosos queren retomar o hábito das victorias e poñer unha marcha directa cara o desexado ascenso. O partido será as 19:30.

En canto aos máis pequeno, a maioría dos equipos descansan xa polas vacacións, pero aquí vos deixamos todos os horarios dos que teñen partido.

Modalidade / Competición Data Hora Local Visitante Pista
FINAL A 4 JUNIOR
13/04/2019 10:30 AC ORDENES CLUB AA DOMINICOS SANTIAGO-VITE
FINAL A 4 INFANTIL
13/04/2019 12:00 CLUB AA DOMINICOS A HC RAXOI A SANTIAGO-VITE
MICRO NORTE GRUPO 2 AUTONOMICO
13/04/2019 16:00 HC RIAZOR B CLUB AA DOMINICOS C POLIDEPORTIVA Nº1 RIAZOR
MICRO NORTE GRUPO 1 AUTONOMICO
13/04/2019 16:15 CLUB AA DOMINICOS B COLEGIO LICEO A COLEXIO DOMINICOS
OK Liga Bronce 13/04/2019 19:30 ESCOLA LUBIÁNS CALVO CLUB AA DOMINICOS CARBALLO CALERO
LIGA BENXAMIN 2 DIVISION AUTONOMICA
14/04/2019 11:00 CLUB AA DOMINICOS B COLEGIO LICEO C COLEXIO DOMINICOS
LIGA PREBENxAMIN 2ª DIVISION AUTONOMIVA
14/04/2019 12:00 CLUB AA DOMINICOS C COLEGIO LICEO C COLEXIO DOMINICOS
LIGA INFANTIL 2ª DIVISION AUTONOMICA
14/04/2019 13:00 CLUB AA DOMINICOS B DIVER PATIN CD COLEXIO DOMINICOS

 

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña