O Alevín A xa está preparado para o Campionato de España

Dende o próximo venres 10 ata o domingo 12 de maio celebrarase na localidade asturiana de Mieres o Campionato de España Junior de hockey sobre patíns. Entre os oito equipos que se disputarán as medallas e o título atópase o C.A.A. Dominicos, clasificado como campión galego e subcampeón da súa fase de sector. Ademais do equipo local do C.P. Mieres (tamén clasificado na devandita fase de sector), o resto de riváis serán C.P. Cajar (Andalucía), C.D. Alameda de Osuna (Madrid), U.D.C Rochapea (Navarra), C.D. Mundaiz (País Vasco), e dous equipos catalanes que son filiais de clubes con representación na OK Liga: Reus Deportiu e C.H. Caldes. O xoves pola tarde realizarase o sorteo que dividirá aos equipos en dous grupos. Tras a disputa das tres xornadas da fase inicial, os dous primeiros clasificados de cada grupo disputarán unha segunda fase en sistema de eliminatorias (semifinal e final).

A expedición do C.A.A. Dominicos iniciará a súa viaxe en autobús o xoves ao mediodía para chegar a tempo da tradicional proba de pista. Dende aquí desexamos moi boa viaxe e toda a sorte do mundo para o campeonato!

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña