Alevín A e Xuvenil rematan a liga como campións e subcampións galegos

Como xa informamos, esta pasada fin de semana disputaronse no pavillón Os Campóns de Cambre as Finais a Catro das ligas galegas alevín e xuvenil, con representantes do noso clube en ambas.

O equipo xuvenil chegaba ata aquí tras facer unha gran liga regular onde rematarían terceiros. O sábado superaron aínda máis as expectativas tras gañar 2-1 nunha gran semifinal ao C.H. Compostela A, segundo clasificado da liga regular. Na final, a pesar de xogar unha moi boa primeira parte, non puideron facer nada ante Compañía de María A, un dos grandes favoritos para o Campionato de España.

Por outra banda o Alevín A, que chegaba á Final a catro tras gañar tódolos partidos da liga regular, acadou o tan merecido premio do Campionato Galego. Os nosos cativos están a facer unha gran tempada que refrendouse esta fin de semana coas victorias por 5-1 ante o A.C. Ordenes na semifinal e por 6-3 ante o C.H. Compostela na final. Noraboa! Merecechedes o título dende o primeiro día ata o último.

Agora os dous equipos comezarán a preparar a súa participación no sector norte clasificatorio para o Campionato de España.

PATROCINADORES

La asistencia a los sectores y campeonatos de España en la temporada 2022/23 fue subvencionada únicamente por el Concello de A Coruña

Las escuelas de hockey sobre patines, baloncesto y patinaje artístico en la temporada 2022/23 fueron subvencionadas únicamente por el Concello de A Coruña