Alberto Vázquez

Adestrador de Baloncesto

Ex-xogador formado nas categorías inferiores do OAR Ferrol, onde comezou a compaxinar as tarefas de xogador e adestrador con 16 anos, chegando a ser coordinador das categorías base. Leva máis de 20 tempadas como adestrador e ten o título nacional. Destacar varios Campeonatos Galegos gañados sendo adestrador de clubes (entre eles o Basket Coruña), así como sendo seleccionador das categorías base das Federacións de Ferrol e Coruña.
 
Na tempada 2018/2019 adestrará ao Cadete Masculino e colaborará coa escola de baloncesto.

 

COLABORADORES